O novo xogo de Tomb Raider chegará dobrado ao español
martes, 4 de decembro do 2012
O vindeiro 5 de marzo é a data elixida por Crystal Dynamics
e Square Enix para o lanzamento do novo xogo de Tomb Raider, que supón o reinicio da
saga, de aí que xere bastante expectación, que durante os últimos días está a incrementar
grazas á publicación
de novas imaxes do xogo e do episodio 3 dunha serie de
reportaxes en vídeo que afondan neste título e que nesta ocasión inclúe
entrevistas entre bastidores co compositor Jason Graves e o equipo de son de Tomb Raider.
O xogo tamén está a comezar a amosar con bastante detalle á prensa
especializada, de xeito que cada vez temos máis detalles do mesmo, prometendo
unha experiencia bastante completa, e dende a distribuidora tamén chega a
grande nova de que Tomb
Raider vai chegar ao noso mercado totalmente
localizado ao español, detalle que cada vez resulta máis de
agradecer, xa que moitos títulos limitan a súa tradución ao subtitulado, e a
dobraxe facilita a experiencia de xogo para a meirande parte dos usuarios.
Novo vídeo sobre o desenvolvemento de Tomb Raider
- As novas imaxes do xogo demostran un nivel gráfico bastante coidado que incrementan a expectación por un xogo moi agardado