O novo smartphone insignia de Sony será o Xperia Z3+
martes, 26 de maio do 2015
O mes pasado Sony adiantou as
especificacións do seu Xperia Z4, pero parece que esa nomenclatura vai limitarse
ao Xapón, e agora presenta o Sony
Xperia Z3+, que parece ser un nome bastante atinado para definir unha
evolución do anterior smartphone insignia da compañÃa nipoa que mantén
aparencia externa, pero actualiza o seu interior para ofrecer prestacións
propias dun terminal á última.
O Sony Xperia Z3+ sairá á venda este mesmo verán con carcasa en cor cobre,
negra, branca ou verde auga e destacará polo seu grosor de só 6,9 milÃmetros e
resistencia á auga e ao po (con certificacións IP65/IP68). Outros detalles que
o smartphone tamén coida son as súas cámaras (cunha traseira de 20,7 MpÃxeles
cunha apertura de f/2.0 de alta sensibilidade e unha frontal de 5 MpÃxeles) e a
súa autonomÃa (a súa baterÃa de 2.930 mAh poderÃa chegar aos 2 dÃas de
autonomÃa).
Baixando a especificacións estamos ante un terminal con pantalla IPS Full HD de
5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 8 núcleos e 64 bits, 3 GB
de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 128 GB), LTE (4G), NFC, Bluetooth 4.1, 144 gramos de peso e sistema
operativo Android 5.0. Aparte de presumir das súas cámaras de alta definición
(que incluso pode gravar vÃdeo 4K), o Xperia Z3+ tamén conta cun apartado
sonoro sobresaliente coa tecnoloxÃa Hi-Res Audio e incluso unha magnÃfica
reprodución mediante Bluetotth mediante o uso de LDAC.
- A cámara traseira do Xperia Z3+ ten unha sensibilidade ISO 12.500, o que permite disparar fotografÃas en condicións de baixa iluminación
- Sony tamén coida o apartado sonoro dos seus smartphones de primeira liña