O novo reprodutor de Blu-ray 4K HDR de Samsung axusta automaticamente o televisor

mércores, 28 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Nos último meses os fabricantes de electrónica de consumo están a esforzarse para popularizar o vídeo en 4K con HDR, pese á ausencia de contidos e dispositivos compatibles, e para reducir as eivas presentes van pór á venda en 2017 o novo reprodutor de discos Blu-ray UHD M9500, que non só será capaz de tirar proveito da tecnoloxía de pantalla dos últimos televisores á hora de reproducir película en ultra alta definición (con HDR), senón que tamén incorporan Bluetooth para o seu modo de cine privado, que facilita o uso de auriculares sen fíos cando non queiramos molestar a outras persoas mentres gozamos de contidos audiovisuais.
Entre as vantaxes deste novo reprodutor de Blu-ray UHD está o feito de que o dispositivo analiza os contidos para achegalos do mellor xeito posible, aproveitando tecnoloxías como o HDR, Atmos ou DTS-X, sen que o usuario teña que andar axustando a configuración do seu televisor elixindo entre os distintos modos dispoñibles.
Samsung tamén adianta que este reprodutor integrarase con dispositivos móbiles para que os usuarios poidan gozar das súas películas en Blu-ray en dispositivos móbiles e incluso contarán cun modo para poder ver fotografías e vídeos de 360 graos almacenados no móbil na pantalla do televisor.

PUBLICIDADE