O novo rei da comedia apostará polos influentes galegos

luns, 3 de marzo do 2025 Marcus Fernández

Fotografía de Xaime Cortizo na que podemos ver aos participantes no programa

A Televisión de Galicia e a produtora CTV presentaron hoxe o programa O novo rei da comedia, que iniciará as súas emisións o vindeiro domingo no prime time da Galega. Este programa de talentos que contará con monólogos, sketches humorísticos e entrevistas na rúa, estará presentado por Miguel Lago, ten no xurado aos actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e ao influente Xurxo Carreño, e 10 participantes, dos que varios son de sobra coñecidos a través das plataformas sociais como Leti da Taberna, Alba Castro e Tano Bafar.
En cada programa, tras superar distintas probas, os aspirantes con máis puntos serán o rei ou a raíña da comedia do programa, até que ao final só quede un rei ou raíña absoluto. O novo rei da comedia terá un total de 12 programas que poderemos ver semanalmente na TVG.