O novo monitor Asus ZenScreen colle imaxe e alimentación por USB (tipo A ou C)
xoves, 1 de xuño do 2017
Cando precisamos dun monitor secundario en mobilidade é
importante poder contar cunha pantalla delgada, lixeira e que reduza o máximo
posible o número de cables e adaptadores de corrente, o que fai moi atractivo a
nova pantalla Asus ZenScreen
MB16AC, que cunha diagonal de 15,6 polgadas e unha resolución Full HD
presume de poder recibir o sinal de vÃdeo e a corrente eléctrica directamente
do noso portátil a través de USB-C ou USB-A, e incluso é sensible á orientación
(de xeito que adáptase automaticamente segundo o coloquemos en vertical ou en
horizontal).
A nova Asus ZenScreen ten un grosor de só 8 milÃmetros e un peso de 780 gramos,
contando tamén cunha funda que pode transformarse nun soporte para manter a
pantalla sobre a mesa, facilitando asà o seu uso como monitor externo; aÃnda
que como curiosidade inclúe un orificio circular nunha das súa esquina inferior
dereita de xeito que podemos manter a pantalla sobre a mesa con só introducir
polo mesmo un bolÃgrafo. O seu panel IPS achega un amplo ángulo de visión e
unha boa reprodución das cores e do contraste e tamén inclúe tecnoloxÃa Flicker-free para evitar a fatiga
visual.
Este monitor externo portátil sairá á venda este mesmo mes, e o seu prezo nos
EE.UU. será de 249 dólares. Estes dÃas está a verse no Computex e cómpre
salientar que tamén é compatible con algúns smartphones.
- A través dun único cable USB-C un portátil pode entregar vÃdeo e corrente ao novo monitor portátil de Asus
- A pantalla adáptase á orientación, de xeito que podemos xirala cando resulte máis cómodo para ver certos contidos
VÃdeo promocional da Asus ZenScreen MB16AC