O novo PlayStation Plus chega a España
xoves, 23 de xuño do 2022
O
servizo de subscrición de pagamento de PlayStation reformúlase, fusionando PllayStation
Plus con PlayStation Now, dando lugar a un novo PlayStation Plus con
3 plans diferentes, que hoxe chegan a España.
O plan Essential de PlayStation Plus inclúe a posibilidade de xogar en liña e
os xogos mensuais que caracterizan ao servizo dende os seus inicios, contando
tamén con descontos exclusivos, contido exclusivo, almacenamento na nube, Share
Play e, no caso de termos unha PlayStation 5, tamén acceso á Colección de
PlayStation Plus e ao sistema de axuda de xogo. O prezo do servizo é de 8,99
euros/mes, 24,99 euros/trimestre ou 59,99 euros/ano.
Para os xogadores que queren máis está dispoñible PlayStation Plus Extra, que
inclúe un acceso ao Catálogo
de xogos, con até 400 xogos descargables para PlayStation 4 e PlayStation 5,
con xogos do máis bariado, como Assassin’s Creed Valhalla, Assetto
Corsa Competizione, Bloodborne, Days Gone, Death Stranding,
Demon’s Souls, DOOM, Far Cry 4, For Honor, Ghost
of Tsushima, God of War, Gravity Rush 2, Injustice 2, Marvel’s
Spider-Man, Mortal Kombat 11, NBA 2K22, Red Dead
Redemption 2, Tetris Effect: Connected, The Last Guardian, Uncharted
4, XCOM 2 e moitos outros. Este plan ten un prezo de 13,99
euros/mes, 39,99 euros/trimestre ou 99,99 euros/ano.
O plan máis completo serÃa PlayStation Plus Premium, que incluirÃa a maiores un
Catálogo
de clásicos (que non se limita a tÃtulos de PS4 e PS5, senón que tamén inclúe
xogos de PS2, PS3 e PSP), acceso a probas de xogos
(permite gozar por tempo limitado de xogos como Horizon Forbidden West
ou Cyberpunk 2077, para decidir se interesa a súa compra) e o acceso a
xogos en streaming. Precisamente o xogo en streaming é o que permite gozar de
clásicos de PS3 e PS2 en consolas modernas, aÃnda que tamén pode aproveitarse
para xogar aos tÃtulos de calquera PlayStation dende o PC. Para gozar destas
prestacións hai que pagar 16,99 euros/mes, 49,99 euros/trimestre ou 119,99
euros/ano.
Anuncio de lanzamento do novo PlayStation Plus