O multixogador aos xogos free-to-play de Xbox por fin é de balde

mércores, 21 de abril do 2021 Marcus Fernández

A primeiros de ano Microsoft padeceu unha pequena crise de reputación ao anunciar que subiría de prezo a subscrición Xbox LIVE Gold para gozar do multixogador en Xbox, e para solucionalo non só prometeu manter o prezo, senón que anunciou tamén que eliminaría a necesidade de pagar para poder acceder aos xogos que fosen de balde, medida que hoxe entra en vigor para todos os xogadores.
A partir de hoxe os usuarios dunha consola Xbox poderán gozar do xogo en liña de máis de 50 xogos free-to-play sen pasar por caixa, facendo así máis atractiva a compra dunha consola de Microsoft e facendo que a subscrición Gold a Xbox LIVE teña cada vez menos valor, co que enténdese que Microsoft busca incentivar a subscrición a un servizo moito máis completo: Xbox Game Pass Ultimate (que inclúe o acceso a máis dun cento de xogo na consola e na nube).
Entre os xogos que agora poderá xogarse libremente dende Xbox están títulos como Apex Legends, Call of Duty: Warzone, Destiny 2, Fortnite, Path of Exile, Resident Evil Revelations 2, ROBLOX, Rocket League, Rogue Company, SMITE, Warface e Warframe, que previsiblemente incrementarán a súa base de usuarios nos vindeiros días.

PUBLICIDADE