O mozo da mochila tamén denuncia que lle roubaron un baile en Fortnite

mércores, 19 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A polémica sobre o roubo de bailes que Epic Games realiza no xogo Fortnite non cesa, e tras recibir denuncias do rapeiro 2 Milly e do actor e bailarín Alfonso Ribeiro, chega agora o rapaz da mochila (The Backpack Kid) e presenta tamén unha denuncia pola incorporación en Fortnite do baile chamado The Floss, que este mozo puxo de moda en 2016, chegando incluso a converterse na estrela da actuación de Katy Perry no Saturday Night Show en maio de 2017.
Este célebre baile formou parte do Pase de Batalla da segunda tempada de Fortnite estreada en decembro do ano pasado, até o punto de que moita xente coñéceo como o baile de Fortnite, o que molestou ao rapaz da mochila por ver como unha grande empresa estaba a tirar proveito económico da súa creación, sen telo falado con el nin compensalo economicamente. Precisamente por iso o rapaz, menor de idade, deixou o asunto nas mans da súa nai e do seu representante para que leven a causa legal contra Epic Games, tal e como declarou ante TMZ:

PUBLICIDADE