O monitor Asus PQ321 introduce ultra alta definición en só 31,5 polgadas

venres, 31 de maio do 2013 Marcus Fernández

Tras a normalización das pantallas Full HD (1.920 x 1.080 píxeles) os televisores de grande tamaño están a apostar pola resolucións 4K (3.840 x 2.160 píxeles) que achega unha calidade como a do cine dixital, pero tal cantidade de píxeles en pantalla xa non son exclusiva de paneis de 55 ou máis polgadas, e Asus introdúcea no seu novo monitor PQ321, cunha diagonal de só 31,5 polgadas. Deste xeito este monitor LED sube á ultra alta definición, o que permitiría amosar simultaneamente ata 4 pantallas Full HD en 1.
Este novo monitor ten un ángulo de visión (en horizontal e vertical) de 176 graos, un brillo de 350 cd/m2, unha velocidade de resposta de 8 milisegundos, altofalantes integrados de 2 W e entradas DisplayPort e HDMI dual (o que pode aproveitarse para funcións Picture-in-Picture.
Este tipo de pantallas poden resultar axeitadas para visualizar os poucos contidos 4K que hai na actualidade, pero tamén teñen resultan de grande utilidade para tarefas como a edición de vídeo, facendo que as vistas previas dos vídeos a montar poidan achegarse á súa resolución real o máximo posible (se son Full HD).

PUBLICIDADE