O mans libres Motopure H12 mestura calidade, comodidade e deseño

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Motorola levou ó SIMO o seu novo man libres, o Motopure H12, que combina un atractivo deseño coa tecnoloxía CrystalTalk, que emprega dous micrófonos para separar a voz do usuario do ruído ambiental e do vento, realzando a voz e facéndoa máis clara, o que ata o momento só facían dispositivos de alta gama.
Esta mans libres Bluetooth ten unha autonomía de 5,5 horas de conversa e 200 horas en espera, pesa só 12 gramos e se venderá a finais de ano a uns 100 euros.

PUBLICIDADE