O mando de Stadia poderá aproveitarse como mando Bluetooth

venres, 13 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

A finais de setembro Google anunciou que o seu servizo de xogos na nube, Stadia, botaría o peche o vindeiro 18 de xaneiro, devolvendo aos usuarios os cartos que investisen na compra de xogos na plataforma e tamén aos que adquirisen os mandos oficiais de Stadia directamente a Google.
Pero devolver aos cartos e facer que os mandos de Google Stadia se convertesen nun refugallo electrónico tras moi pouco tempo de uso non parecía algo responsable, e dende Google veñen de confirmar que a semana que vén van publicar unha ferramenta que facilitará a activación da conexión Bluetooth no mando de Stadia, o que permitirá seguir a empregar ese accesorio en ordenadores persoais e dispositivos móbiles, conseguindo así darlle unha segunda vida que probablemente sexa aínda moi longa, xa que estamos ante un dispositivo de bastante calidade.

PUBLICIDADE