O mando da Xbox One adáptase para funcionar no PC
mércores, 17 de setembro do 2014
Nos últimos anos a versión do mando
da Xbox 360 adaptada para xogar en PC converteuse practicamente nun
estándar para xogar en ordenadores persoais, pola súa boa ergonomÃa e as
facilidade que achegan os xogos (que en moitos casos inclúen preconfiguracións
para este tipo de mando), e agora Microsoft quere repetir a xogada e anuncia que
vai ofrecer a posibilidade de mercar un mando da nova Xbox One cun cable USB
para poder gozar deste sistema de control mellora en ordenadores con Windows 7
e Windows 8.
Está previsto que a versión
do mando da Xbox One orientada para o seu uso en ordenadores (continuando a
ser compatible coa consola de nova xeración de Microsoft) chegue ao mercado en
novembro a un prezo de 59,95 dólares (46,30 euros).
Este mando mide 155 x 108 milÃmetros, conta cunha cruceta de grande precisión,
os seus sticks analóxicos foron redeseñados para un mellor agarre a unha maior
precisión, e a súa ergonomÃa tamén se optimizou de xeito que temos unha
evolución do mando da Xbox 360, de xeito que ten toda a pinta de que vai
converterse no mando máis habitual en ordenadores persoais en poucos anos.
- O mando da Xbox One contará cunha versión con cable USB para facilitar o seu uso en equipos con Windows