O mando DualShock 3 comezará a venderse en Europa este mércores

luns, 30 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Sony anunciou que o mando DualShock 3 para a PlayStation 3 chegará a Europa este mércores, achegando finalmente a vibración aos usuarios europeos que tiñan que aturar cómo os nipóns xa podían gozar deste controlador de xogo dende novembro de 2007 (e os norteamericanos dende o pasado mes de abril).
O novo mando funciona sen fíos e integra a función de vibración que engade realismo a moitos xogos, polo que vai ser un éxito en vendas (nos últimos 10 anos Sony xa vendeu máis de 28 millóns de mandos DualShock).
O DualShock 3 combina nun único dispositivo as prestacións do mando SIXAXIS coa vibración, facendo máis realista o xogo (especialmente en títulos de acción e carreiras).

PUBLICIDADE