O luns conclúe o apagado analóxico das provincias da Coruña e Ourense
venres, 29 de xaneiro do 2010
O vindeiro luns, dÃa 1 de febreiro, logo do parón da fin de semana ao que
nos teñen acostumados os responsables da implantación da TDT no noso paÃs, vanse
retomar os apagados analóxicos nas áreas técnicas de Ares, de Santiago e de
Meda, facendo que se den por concluÃdas as fases I e II de implantación da TDT
na nosa Comunidade, un proceso co que a Xunta leva un par de semanas
traballando a reo para que ningún galego nin galega quede sen recibir o novo
sinal dixital.
O luns tamén se incorporarán en exclusiva á TDT preto dun millón de persoas
máis, e darase o apagado analóxico definitivo nas provincias da Coruña (excepto
na zona do Barbanza) e de Ourense.
Deste xeito, o cese analóxico terá lugar nun total de 95 concellos destas
dúas provincias, afectando, tamén, total ou parcialmente, a algún municipio da
provincia de Lugo e da provincia de Pontevedra.
Os núcleos principais de poboación como a cidade da Coruña, Ferrol,
Santiago, Ourense, Narón ou o municipio pontevedrés de VilagarcÃa de Arousa tamén
se incorporarán en exclusiva á TDT o vindeiro dÃa 1, e os centros emisores do
Pedroso (en Santiago), o de Meda (en Ourense) e o de Bailadora (en Ares) deixarán
de emitir en analóxico definitivamente.
Estes ceses afectarán concretamente aos centros emisores de Ares, Arou,
Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo e
Xaviña, pertencentes á área técnica de Ares; tamén aos centros de Catoira,
Noia, Santiago-Pedroso, Santiago II e Vedra, da área técnica de Santiago; e aos
centros de Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios (I e II),
Meda, Nogueira de RamuÃn, Ourense, Pantón, Pontedeva, Sobradelo e Xunqueira de
Espadañedo, da área técnica de Meda. Ademais, da área técnica de Domaio
(provincia de Pontevedra), apáganse os centros que afectan a Caldas de Reis,
Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, VilagarcÃa de Arousa e Vilanova de Arousa.
Dos 95 concellos nos que se desenvolverá o apagado, 45 pertencen á
provincia da Coruña (Ames, Ares, A Baña, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Brión,
Cabanas, Camariñas, A Capela, Cariño, Cerdido, A Coruña, DumbrÃa, Fene, Ferrol,
Frades, Mazaricos, MesÃa, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros,
Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, O Pino, Rois, Sada, Santa Comba,
Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Trazo, Valdoviño,
Vedra, Vilasantar e Vimianzo); 4 á provincia de Lugo (Carballedo, Pantón, Sober
e O Vicedo); 40 á provincia de Ourense (Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz,
Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de
Miño, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos,
Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, A Merca, Nogueira de RamuÃn, Ourense,
Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A
Pobra de Trives, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San
Cristovo das Viñas, San Xoán de RÃo, Taboadela, A Teixeira e Xunqueira de
Espadañedo); e 6 á provincia de Pontevedra (Caldas de Reis, Catoira, Crecente,
A Illa de Arousa, VilagarcÃa de Arousa e Vilanova de Arousa).
Estes 95 concellos súmanse aos 108 nos que xa se produciu o apagado analóxico
nas semanas anteriores o que suporá que a partir do luns 1.500.000 de persoas
xa terán implantada en exclusiva a TDT.