O reprodutor iRiver B30 incorpora TDT móbil

luns, 25 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os surcoreanos xa poden adquirir o novo reprodutor iRiver B30, en capacidade de 4 e 8 Gb a un prezo de 188.000 e 228.000 wons (108,13 e 131,13 euros respectivamente), o que pode parecer elevado para un dispositivo que mide 56,9 x 109,5 x 11,15 milímetros, pesa 85 gramos, reproduce vídeo (MP4, AVI e WMV9) e música (MP3, WMA, OGG, ASF, FLAC e APE) e conta cunha pantalla QVGA de 2,8 polgadas se non tivésemos en conta que incorpora un receptor de televisión dixital terrestre móbil e conte cunha autonomía de 40 horas para música, 6 horas para vídeo e 5,5 horas para televisión.
Por desgraza este reprodutor non podería funcionar axeitadamente en Europa, porque a norma de TDT móbil que temos é diferente á surcoreana (e aínda non está a explotarse en España), pero estes trebellos permítennos coñecer as posibilidades desta tecnoloxía cando finalmente chegue a España, facilitando a recepción de televisión incluso en reprodutores multimedia (e móbiles) cun prezo moderado.

PUBLICIDADE