O iPhone reduce o seu prezo en 200 dólares
xoves, 6 de setembro do 2007- Jobs presenta a baixada de prezo do iPhone
Unha das novas máis rechamantes da presentación de
Apple dos seus novos produtos foi o anuncio da rebaixa de prezo do iPhone de 8 Gb que pasa de custar 599 dólares
a 399, o que supón todo un revulsivo para o seu mercado, xa que non se agardaba
nada semellante ata a chegada do Nadal.
A baixada de prezo de 200 dólares do modelo de 8 Gb do iPhone tamén ten un
efecto colateral no modelo de 4 Gb, que desaparece do mercado e durante os
vindeiros se
venderá de saldo a 299 dólares.
Ademais, os
usuarios que mercasen ou pedisen o seu iPhone durante os últimos 14 dÃas
recibirán un reintegro de 200 dólares, de xeito que serÃa coma se mercasen
o seu novo teléfono hoxe mesmo.
Este cambio no prezo poderÃa disparar as vendas no iPhone nos EE.UU., aÃnda que
continúan a contar cun contrato en exclusiva de AT&T que inclúe un
compromiso de permanencia de 2 anos (cunha tarifa plana de datos que supón uns
ingresos moi importantes para a operadora de telefonÃa móbil), polo que a
oferta continúa a ser menos atractiva do que se pode pensar nun primeiro
momento.
A precocidade desta rebaixa de prezo está a resultar moi molesta para os early adopters, ou sexa, para os
usuarios que se lanzaron a mercar o iPhone pagando 599 dólares e que tiveron
mesmo que facer cola durante horas para facerse cun terminal, que ven coma o
seu exclusivo produto deixaba de ser un escuro obxecto de deseño e se sitúa a
prezos incluso menores que os de moitos dos teléfonos
intelixentes que hai no mercado. Só 2 meses (de feito, mes e medio, dada a
rebaixa retroactiva) estase a
considerar moi pouco tempo para unha rebaixa tan radical que fai quedar ós usuarios
actuais coma pardillos,
especialmente os que se fixeron cun modelo de 4 Gb, porque vén de ser o móbil
con menor vida da historia, descatalogándose en só 2 meses.
- iTunes premite a creación de tons para o iPhone
Incluso parece que a sucesión de rebaixas de Apple está
a afectar negativamente á súa cotización bolsista, pois a ninguén se lle
escapa que, aÃnda que vaian a vender máis reprodutores, a curto prazo supón un
descenso dos beneficios (xa que ingresarán moito menos por cada iPhone). Agora
ben, sobra dicir que de cara á tempada de Nadal tanto o iPhone coma o iPod
Touch poderÃan supor unha importante fonte de ingresos para a compañÃas que se
reforzarÃa coas vendas de música pois Apple, coma tamén fixo co iPod Touch, decidiu
abrir a súa tenda de música en liña ó iPhone, de xeito que os usuarios deste
terminal tamén terán acceso á iTunes
WiFi Music Store, na que poderán facerse coas súas cancións favoritas ó
prezo de 99 céntimos de dólar, destacando que agora tamén as poden editar
elixindo ata 30 segundos das mesmas para o seu uso coma ton para o móbil (polo
que deberán pagar 99 céntimos adicionais).
Esta última posibilidade está a resultar algo polémica, pois a nova funcionalidade de
iTunes que permite crear tons de chamada para o iPhone xa a tiñan moitos
usuarios de móbiles de xeito gratuÃto e mesmo se
está a falar da busca de sistemas alternativos para crear estes tons son pagar
a Apple.
A meirande parte das novidades anunciadas por Apple correspondÃan de xeito
bastante fiel ós rumores que habÃa nos pasados dÃas, pero un deles (o máis
recorrente) non se concretou, pois falaban
do anuncio dun modelo do iPhone con 3G para o mercado europeo, aÃnda que
tamén hai que lembrar que o vindeiro 25 de setembro se celebrará a Apple Expo en ParÃs, o que serÃa o
momento axeitado para anunciar os detalles do desembarco do iPhone en Europa,
que nun principio parece limitarse a Reino Unido, Francia e Alemaña. Parece asÃ
que o iPhone aÃnda dará moito que falar nas seguintes semanas.