O iPhone poderÃa permitir utilizar asistentes de voz alternativos a Siri
luns, 19 de maio do 2025
O boletÃn semanal de Mark Gurman para Bloomberg afondou onte na frustrada traxectoria de Apple no campo da intelixencia artificial desde a chegada de John Giannandrea en 2018. A contratación do antigo responsable de busca e IA de Google xerou grandes expectativas, pero sete anos despois, o panorama é desalentador: Siri segue sen estar á altura da competencia e Apple chega tarde á revolución da IA xerativa.
A compañÃa de Cupertino, que presume habitualmente de perfeccionar tecnoloxÃas alleas e convertelas en produtos estrela (como fixo co iPod, o iPhone ou o Apple Watch), non conseguiu aplicarse o conto coa IA, o que Gurman considera que é por mor dos seguintes motivos:
– Infraestrutura e investimento insuficiente: Apple non adquiriu GPU en cantidades comparables ás doutros actores como Amazon ou Microsoft, o que atrasou o adestramento dos seus modelos
– Falta de liderado e cohesión interna: a desconfianza mutua entre os responsables de software (Craig Federighi), os de produto e os de márketing, xunto co estilo reservado de Giannandrea, dificultou a execución dunha visión común
– Restricións internas pola polÃtica de privacidade: o estrito control sobre os datos de usuario limitou a capacidade de Apple para adestrar modelos con datos reais, obrigándoa a empregar datos sintéticos e conxuntos licenciados, con menor rendemento
– Problemas técnicos estruturais: a nova Siri baseábase nun hÃbrido de código antigo e novo que causou múltiples erros e incompatibilidades. O equipo chegou a describir o sistema como «un barco afundÃndose»
– Promesas incumpridas: moitas funcións anunciadas en 2024 non chegaron a tempo, ou chegaron mal optimizadas, ata o punto de que un grupo de usuarios denunciou á empresa por publicidade enganosa
Como consecuencia desta desfeita, Apple reestruturou os equipos (Giannandrea perdeu o control sobre Siri, que agora está baixo a dirección de Mike Rockwell, creador do Vision Pro) explora novas colaboracións (con OpenAI, Google Gemini e outras startups como Perplexity para suplir as súas carencias), traballa nun novo sistema Siri baseado integramente en grandes modelos de linguaxe e incluso estuda separar a marca Apple Intelligence do asistente, para afastarse da mala reputación de Siri.
Apple estarÃa a afrontar un dos seus maiores desafÃos estratéxicos dende que Tim Cook está á fronte da compañÃa, non porque vaia deixar de ser un grande fabricante, senón polo feito de que poderÃa perder a súa posición de liderado da industria, deixando de ser a compañÃa á que aspiran o resto.
O impacto dos organismos reguladores da competencia tamén estarÃan a ter un importante impacto na empresa, e Gurman asegura que para cumprir coas esixencias da Unión Europea dende Apple estarÃan a traballar para que os usuarios puidesen deixar de empregar Siri como asistente de voz predeterminado, empregando asistentes doutras compañÃas, o que si serÃa todo un antes e un despois, para fortuna de moitos usuarios completamente decepcionados co funcionamento actual do que fora o asistente de voz pioneiro.