O iPhone dá un pulo ós resultados económicos de Apple
xoves, 26 de xullo do 2007
O iPhone non para de dar que falar, cando aÃnda
faltan varios meses para que se comercialice en Europa, pero resulta que o móbil
de Apple está a supor todo un potenciador para a súa empresa, que sumado ó incremento dun 33% nas
vendas de ordenadores Mac (debido especialmente á adopción de procesadores
Intel, o que mellora a versatilidade dos equipos) e a un 21% de reprodutores
iPod fai que o 2º trimestre de 2007 sexa o mellor na historia da compañÃa de
Steve Jobs.
Pero estes resultados tan positivos teñen unha cara oculta, pois agora se sabe
que o número de iPhones vendidos nos primeiros dÃas foi elevado (270.000
unidades) pero moi lonxe do que viñan a anunciar xornais e informativos, pois
moitos medios falaban de vendas de entre 500.000 e 700.000 terminais. Ademais,
só 146.000 se terÃan activado nos primeiros dÃas, o que supón un elevado número
de problemas nesta operación (case a metade dos usuarios atoparÃan atrancos
para empregar o seu novo iPhone nos primeiros dÃas).
- Novo libro de O’Reilly sobre o iPhone
AsÃ, non é de estrañar que algúns (coma o consultor Juan Antonio Giner) xa critiquen
a manipulación mediática que emprendeu Apple para dar a entender unha
vendas desproporcionadas (pois as vendas reais xa esgotaron as unidades na
meirande parte das tendas de AT&T), de xeito que poderiamos falar da burbulla do iPhone como noutros tempos
se falaba da burbulla da Internet. E non só
nas vendas, porque a atención que está a recibir o terminal non ten
precedentes, de xeito que un dispositivo que aÃnda teñen poucos usuarios está
provocando incluso que moitos servizos web se adapten para funcionar
axeitadamente no seu navegador e mesmo a editorial O’Reilly
vén de estrear un libro dedicado ó revolucionario móbil.
Ademais, o uso corporativo do iPhone non está recomendo en absoluto, pois
carece de moitas das tecnoloxÃas habituais en terminais de telefonÃa normais, e
comparándoo
cun terminal Blackberry queda claro que o atractivo do terminal de Apple
non se corresponde con usos reais, xa que destaca coma reprodutor multimedia
pero carece de soporte de MMS, mensaxerÃa instantánea ou correo push (aplicación moi habitual nos
contornos empresariais). AsÃ, o iPhone o ten moi difÃcil para imporse a
terminais coma o Blackberry 8820, o Nokia N95, o Toshiba Portégé G900 ou algún
dos móbiles intelixentes de HTC, moito máis útiles para o seu uso profesional,
que é o sector máis importante na implantación de novos terminais de telefonÃa
móbil (pois é o que conta coa maior rotación de terminais).
Pero se hai algo que está a pesar moi en contra do iPhone e a súa seguridade, pois á aparición de serias vulnerabilidades no navegador Safari integrado se suman outros fallos que permite penetrar no terminal mediante Wi-Fi para roubar a información no terminal e mesmo tomar o control do mesmo (o que poderÃa servir incluso para facer chamadas). Os detalles destes fallos se darán a coñecer o vindeiro 2 de agosto nun encontro sobre seguridade informática, aÃnda que sen coñecerse os detalles parece quedar en evidencia que Apple se apresurou a lanzar o iPhone nas datas anunciadas sen coidar certos aspectos que se agarda que se corrixan mediante actualizacións software.