O iPad contará cun modelo con 128 Gb de almacenamento interno
martes, 29 de xaneiro do 2013
Durante os últimos anos os tablets de Apple estaban só
dispoñibles en capacidades de 16, 32 e 64 Gb, pero hoxe a compañÃa de Cupertino
anunciou que o iPad con pantalla Retina (nome co que se coñece ao que moitos
coñecen como iPad 4) vai
estar dispoñible tamén cunha memoria interna de 128 Gb tanto na súa versión
Wi-Fi como na que incorpora tamén conectividade móbil, ampliando asà a
capacidade para aplicacións, fotografÃas, vÃdeos, música e documentos en xeral
nun tablet no que cada vez ocupan máis os seus contidos en boa medida pola súa
mellora gráfica coa incorporación das pantallas Retina.
O iPad de 128 Gb porase á venda o 5 de febreiro en cor branca ou negra a un
prezo recomendado de 799 euros para o modelo con Wi-Fi e de 929 euros para os
modelos que tamén inclúe banda larga móbil. Poderanse conseguir tanto na tenda
en liña de Apple como nas tendas fÃsica de Apple e distribuidores autorizados
de costume.