O iPad Air estrea procesador M1

martes, 8 de marzo do 2022 Marcus Fernández

O iPad Air dá un grande salto coa súa nova versión, que conta agora cun potente procesador M1, á vez que gaña posibilidades grazas á súa nova cámara frontal de ultra grande angular de 12 Mpíxeles que permite o uso do encadre centrado en videoconferencias, está dotado dun versátil porto USB-C e conta con 5G nos modelos con conectividade móbil. Sairá á venda o vindeiro día 18 a un prezo de 679 euros con 64 GB de almacenamento e 849 euros con 256 GB de capacidade, prezos que se incrementan en 170 euros se queremos contar con 5G.
Estamos ante unha tableta que cada vez é máis profesional, aínda que mantendo a súa pantalla nas 10,9 polgadas. É compatible con Apple Pencil de segunda xeración e tamén co Magic Keyboard, deixando claro así que para moitos usuarios podería converterse nunha alternativa a un ordenador persoal, aínda que o seu forte segue a ser a mobilidade, grazas ao seu deseño portátil e a súa grande autonomía.

O novo iPad Air potencia o uso da súa cámara frontal

Vídeo promocional do novo iPad Air

PUBLICIDADE