O iPad Air e o iPad mini estrean procesadores e soporte de Apple Pencil
luns, 18 de marzo do 2019
AÃnda
que está
previsto que o vindeiro luns Apple realice unha presentación, semella que
queren que a atención se centre unicamente nos novos servizos da compañÃa, de xeito
que decidiron presentar as súas novidades de hardware aparte. Temos asÃ
versións renovadas do iPad Air e do iPad mini, que consolidan o catálogo de
tabletas de Apple.
O novo iPad Air é unha tableta
con pantalla de 10,5 polgadas, procesador A12 Bionic e soporte para Apple
Pencil, que supón a recuperación da marca Air
nas tabletas, pero ampliando o tamaño de pantalla para achegarse aos iPad Pro,
pero cun prezo máis asumible. Parte dun modelo con 64 GB de almacenamento e
Wi-Fi que custa 549 euros, mentres que por 719 euros incrementa o almacenamento
até os 256 GB. Ambos modelos poden adquirirse con conectividade móbil por 140
euros adicionais.
O novo iPad mini, coa súa
pantalla de 7,9 polgadas, tamén experimenta unha grande actualización ao
incorporar un procesador A12 Bionic e soporte para Apple Pencil, buscando asÃ
converterse nun produto moi atractivo para os que desexan tomar notas e
realizar bosquexos en mobilidade. O modelo con 64 GB de almacenamento e Wi-Fi véndese
por 449 euros, mentres que por 619 euros teremos a súa versión con 256 GB de capacidade.
En ambos casos por 140 euros máis podemos ter unha versión con conectividade
móbil. Ao igual que aconteceu coa anterior xeración de iPad mini, este formato
volve colocarse nunha posición moi comprometida do catálogo de Apple, ao ter un
prezo 100 euros superior ao iPad con pantalla de 9,7 polgadas.
Temos asà que a actualización de ambos iPad consiste basicamente en mellorar os
procesadores e permitir o uso de lapis dixitalizador, podendo
tamén tirar proveito das súas cámaras para gravar vÃdeo ou para experimentar
coa realidade aumentada. Estes novos modelos saen á venda hoxe mesmo, aÃnda que
non chegarán ás tendas até a semana que vén.