O galego nas TIC a debate en Correo TV
xoves, 24 de marzo do 2011
A pasada noite, o
programa
Faladoiro de Correo TV (canle de
televisión local compostelá dispoñible a nivel autonómico a través do sinal de
R) tratou a situación actual do galego nas TIC, para o que contouse coa
participación Antón Méixome, filólogo e tradutor do Proxecto Trasno; Carlos
Ballesteros, subdirector de Código Cero; Marcus Fernández, webmaster de Código
Cero e colaborador en distintos medios de comunicación; e VÃctor López,
director de EGANET; convidados que conducidos por Carlos Roma abordaron temas como os sistemas
de tradución automática, a tradución colaborativa, a normalización lingüÃstica
no mundo da informática e a necesidade de que administracións, empresas e
particulares reforcen o seu compromiso coa nosa lingua para favorecer a súa
presenza nas TIC, garantindo un futuro dun factor que debemos entender como
enriquecedor.
Andrés Méixome realizou distintas achegas sobre a situación dos sistemas de
tradución automática, para pasar logo a destacar o proxecto Trasno como «un grupo de xente que se pon de acordo en
colaborar. (..) Somos todos voluntarios, pero somos un grupo autoesixente»,
polo que os distintos proxectos de tradución que levan teñen un control de
calidade que permite, entre outras cousas, que poidamos gozar de múltiples
ferramentas informáticas correctamente localizadas ao galego, o que tamén fan
outros grupos en Galicia, centrados principalmente en aplicacións de código
aberto que facilitan o ter un escritorio informático completamente en galego.
VÃctor López de EGANET, destacou que a presenza do galego na Internet é moi
desigual, e aÃnda que moitas páxinas web conten con versións en varios idiomas,
«as webs son entidades vivas que hai que
alimentar no dÃa a dÃa, entón ao final, segundo os intereses da empresa sole
optar por manter máis actualizada unha versión que outra», o que leva a que
o español gañe a carreira ao galego de xeito global, pero existindo eidos nos
que a situación é totalmente ao revés, como nas páxinas web das administracións
locais ou nos contidos culturais.
Tamén incidiu que moitas compañÃas de desenvolvemento de software non
publicaban os seus produtos en galego por falta de demanda, polo que deixaban
as súas aplicacións en inglés ou español. De todos os xeitos, dende EGANET
están concienciados na oportunidade de negocio que supón o galego,
especialmente pola proximidade da nosa lingua co portugués, o que dá vantaxes
competitivas de cara á externalización das empresas tecnolóxicas galegas.
O subdirector de
Código Cero, Carlos Ballesteros, ante a cuestión do condutor do programa sobre
a posibilidade de gozar da Televisión Dixital Terrestre en galego, apuntou que «si hai TDT en galego, hai unha empresa
galega que é Blusens, que xa hai tempo que ten o seu TDT en galego», ao que
engadiu que tal empresa pese a ser galega «trunfa
máis fóra» e conta con sedes espalladas polo mundo.
Carlos Roma tamén apuntou que, afastándose un chisco do ámbito TIC, resultaba practicamente imposible atopar pelÃculas en DVD con subtÃtulos en galego, pese a que é doado facelo en catalán. PedÃa asà un maior compromiso pola lingua por parte das empresas.
Ao falar da dispoñibilidade de sistemas operativos en galego, Marcus Fernández
destacou que o Linux leva moitos anos en galego, en contraste cos sistemas
operativos de Apple, que están sumamente pechados, mentres que Microsoft queda
nun chanzo intermedio, optando por ofrecer o galego no seu software a través de
paquetes adicionais, ou sexa, que «non
podes mercar un Windows en galego, e iso posiblemente é un dos atrancos que hai
para a súa implantación», ao que engadiu a necesidade de que en organismos
públicos e centros docentes empregasen os seus sistemas operativos en galego
para permitir que o público coñeza a posibilidade de vivir a informática en
galego, pois entre os atrancos que temos para a difusión do galego nos
escritorios informáticos está o descoñecemento dos usuarios de que é posible
gozar do seu ordenador na súa lingua nai.
Debate Ãntegro emitido o 23 de marzo de 2011 en Correo TV