O filme Los Juegos del Hambre: En Llamas chega aos cines acompañado por un xogo móbil
venres, 22 de novembro do 2013
Nos últimos anos vimos como moitas películas están deixando
de lado os videoxogos oficiais en plataformas domésticas para centrarse en
dispositivos móbiles, conseguindo así acadar un éxito modesto por non ter que
superar as esixencias dun xogo de consola (o que habitualmente non conseguen),
e filmes como Brave e Oz, un mundo de fantasía optaron por saltar
aos vindeoxogos con versións personalizadas do popular Temple Run, e na mesma liña chega esta semana The Hunger
Games: Catching Fire: Panem Run, un runner
inspirado na última película da saga de Los
Juegos del Hambre.
Este novo xogo está xa dispoñible
de balde en Google Play e na
App Store, e permítenos percorrer 3 dos 12 distritos en niveis xerados
aleatoriamente (o número de distritos ampliarase en futuras actualizacións) nos
que recoller faíscas e materiais para sintetizar potenciadores e participar
nunha competición mundial para conseguir a primeira posición.
Panem Run convídanos a correr sen
parar, desafiar aos nosos amigos e competir con usuarios de todo o mundo saltando,
esquivando e destruíndo obxectos cunha mecánica que resultará familiar a
calquera afeccionado e á que engaden algunhas probas un tanto diferentes, como
a posibilidade de realizar probas de tiro con arco. Un título que agradecerán
os que gusten de Los Juegos del Hambre:
En Llamas e os afeccionados a xogos cunha mecánica sinxela pensada para
pantallas táctiles.
Trailer do novo xogo para dispositivos móbiles