O emprendemento na Saúde 2.0 a debate en Vigo

venres, 26 de maio do 2017 Marcus Fernández

O encontro Health 2.0 Galicia busca xuntar a actores do sector sanitario e amantes da tecnoloxía na nosa comunidade, buscando así mellorar as condicións nas que se está a dar a asistencia sanitaria grazas ás TIC e fomentar os proxectos individuais e de startups relacionados coa saúde.

Esta cita terá lugar o vindeiro martes a partires das 16:00 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde estarán presentes relatores internacionais e diversos proxectos emprendedores galegos que traballan no eido sanitario, sendo preciso inscribirse en liña para asistir ao encontro no que poderanse ver demostracións de IQBRAIN (Qubiotech), BENERGYAPP (Playbenefit), Insulclock (Insulcloud), Innovcare (TaniwaHealth) e Smart Toilet (S-there), atender a catro mesas redondas que abordan o emprendemento neste ámbito e varios relatorios da man de expertos como Aline Noizet (Health 2.0) e Homero Rivas.

A xornada desenvolverase tal e como indica o seguinte programa:

PUBLICIDADE