O domingo lanzaranse os primeiros satélites da rede Starlink
venres, 16 de febreiro do 2018
A vindeira fin de semana dende a Base da Forza Aérea en
Vandenberg (California) a compañÃa de Elon Musk, SpaceX, vai lanzar o satélite español Paz, destinado a
cubrir necesidades de seguridade e defensa, asà como outras de carácter civil podendo
tomar máis dun cento de imaxes diarias cubrindo máis de 300.000 quilómetros
cadrados ao dÃa e preparado para dar 15 voltas diarias ao planeta.
Pero este lanzamento está a ser especialmente rechamante porque SpaceX vai
aproveitalo para por en órbita un par de satélites (Microsat-2a e
Microsat-2b) de proba para o futuro servizo Starlink, que no futuro quere achegar
accesos á Internet de alta velocidade a través dun par de constelacións de satélites
de banda larga (formada inicialmente por 4.425 satélites, co obxectivo posto en
preto de 12.000).
Non está previsto que Starlink opere até a década que vén e, de feito, polo
momento non ten as autorizacións pertinentes para facelo, polo que non deixa de
ser un experimento que confÃan en que na súa fase comercial poida contribuÃr,
entre outras cousas, a financiar a futura colonización de Marte.
ACTUALIZACIÓN 18-2-2018): O lanzamento adiouse, cando menos, até o vindeiro mércores.