O documental Marxe de erro dá visibilidade ao rol das mulleres tecnólogas
martes, 26 de outubro do 2021
O centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Galicia acolleu
esta mañá a presentación do documental Marxe de erro, no que se
amosa o perfil profesional de cinco mulleres tecnólogas. A iniciativa,
enmárcase na colaboración entre o Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica en
Informática (CPETIG) e a AMTEGA a través do Plan DigiTalent para promover as
vocacións tecnolóxicas femininas.
Na presentación participaron a directora da AMTEGA, Mar
Pereira; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o presidente
do CPETIG, Marcos Mata. Ao encontro estaban convidados, tamén, alumnos de
bacharelato STEMbach de centros educativos de toda Galicia.
30% de mulleres no sector TIC
Os últimos datos do Observatorio para a Sociedade da
Información de Galicia (Osimga) sinalan que só o 30,4% dos traballadores do
sector TIC galego son mulleres. Ademais, só 14,7% desenvolve tarefas
especificamente TIC, fronte ao 49,3% dos homes e a porcentaxe de empresas TIC
galegas conta con mulleres en postos de dirección sitúase no 14,3%.
A directora da AMTEGA sinalou que é evidente que queda
camiño por percorrer para reducir a fenda de xénero no sector tecnolóxico,
ávido de novos especialistas e con moitas posibilidades profesionais. Lembrou
que a Estratexia Galicia Dixital 2030 contempla a promoción do talento dixital
como un eixo transversal que, por suposto, ten entre os seus obxectivos a
redución da fenda de xéneno nas carreiras STEM e como consecuencia no sector
tecnolóxico.
Preto do 75% das persoas tituladas STEM traballa en Galicia
Ademais Pereira apuntou algunhas cifras relativas ao emprego
dos titulados en carreiras STEM en Galicia como que oito de cada dez egresados
volverÃa a cursar a mesma titulación; que 83,6% está incorporado ao mercado
laboral nos dous primeiros anos tras rematar os seus estudos e que o 74,8% das
persoas tituladas STEM desenvolven a súa traxectoria profesional en Galicia.
Iniciativas como a de hoxe visibilizan e difunden referentes
e por iso Mar Pereira quixo agradecer especialmente a colaboración de Berta
Candendo, Susana Ladra; Susana Gómez, Verónica Bolón e Silvia Piñeiro, as
profesionais que participaron no documental Marxe de erro.