O crackeo da conta de e-mail de Sarah Palin foi sinxelo e torpe
venres, 19 de setembro do 2008
- Unha das capturas do e-mail de Sarah Palin que axudaron a localizar ao autor da súa filtración á web
O acceso a unha das contas de
correo electrónico da gobernadora de Alaska e candidata á vicepresidencia dos
EE.UU., Sarah Palin, está a dar moito que falar nos medios,
especialmente ao coñecerse que o crackeo
do seu e-mail consistiu simplemente en responder axeitadamente as preguntas de
seguridade de Yahoo! para restaurar o contrasinal de acceso ao seu servizo, que
eran a súa data de nacemento (información de dominio público), o seu código
postal (Wasilla só conta con 2 códigos postais) e o lugar no que coñeceu ao seu
marido (detalle que ten manifestado en entrevistas), datos
que se puideron atopar na web mediante sinxelas buscas.
Este asunto deberÃa chamar á reflexión a moita xente que ten contas de correo
susceptibles de intromisións semellantes, aÃnda que iso tamén se aplica á xente
que filtra a información atopada á Rede, posto que o autor do secuestro do e-mail de Palin accedeu ao
mesmo a través dun proxy (Ctunnel.com), pero os datos de acceso ao mesmo
aparecÃan nas capturas de pantalla que publicou na web, de xeito que se
atoparon pistas suficientes como para dar indicios que permitan localizar ao
autor desta intromisión á intimidade da republicana.
- FotografÃa de David C. Kernell publicada no seu perfil en PeekYou</A>
Identifican ao hacker social
As autoridades xa
contactaron con Gabriel Ramuglia, administrador de Ctunnel.com, para
que conserve os ficheiros de rexistro do seu servidor para axudar á
investigación dos feitos e ata onte se
rumoreaba que estaban a investigar a un mozo de 20 anos,
estudante da Universidade de Tennessee-Knoxville, que resultou ser fillo de Mike
Kernell, polÃtico do Partido Demócrata. Finalmente David Carl Kernell recoñeceu
ser o autor do crackeo,
polo que o misterio parece resolto, e queda saber as medidas que emprenderán
contra o rapaz, que poderÃa ter cometido un delito de bastante gravidade, non só por violar un enderezo de correo electrónico, senón tamén por publicar a información persoal que atopou no mesmo.