O consorcio Eco-Smart Batt impulsa dende a nosa terra os compoñentes das baterías do futuro
venres, 4 de xuño do 2021
O
consorcio
Eco-Smart Batt
organizou este
3 de xuño un webinar
para dar a coñecer o
seu proxecto. Debulláronse as súas claves e obxectivos para
investigar a fabricación 4.0 sustentábel
de nanocompostos e ionoxeles
para baterías de alta densidade enerxética e con menor custe,
que impulsen a electrificación do sector da mobilidade.
O
proxecto, liderado por Ferroglobe Innovation, conta cun consorcio
formado polas
empresas galegas
ABCR Labs, Ártabro Tech, ENSO Innovation e o Centro Tecnolóxico
CETIM con
sede en Culleredo,
e está financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) ao
abeiro
do programa Fábrica do Futuro Intelixente e Sostible.
- Unha captura da presentación online do proxecto
Lembrar
que as
baterías ión-litio
(LIBs) permiten alcanzar altas densidades enerxéticas con longos
tempos de vida; sendo a natureza química dos materiais que
conforman o cátodo, o ánodo e o electrólito
da cela un aspecto clave á hora de determinar o rendemento
enerxético, os custos e as emisións de CO2 da batería.
Neste
contexto, Eco-Smart
Batt
buscará mellorar de
xeito considerábel
a densidade enerxética, o custo e a sustentabilidade das baterías
ión-litio a través de novas investigacións en fabricación
intelixente de materiais e as súas combinacións sinérxicas, así
como a investigación en tecnoloxías de monitoraxe, control e
simulación que permitan deseñar procesos de produción máis
eficientes e rendíbeis,
facilitando a evolución e a transformación do sector transporte
cara á sustentabilidade, a
descarbonización
e a drástica redución de emisións.
Esta
investigación de I+D+i está en liña co Pacto Verde Europeo que ten
por obxectivo a transición do sector transporte cara a tecnoloxías
sostibles e climaticamente
neutras. Eco-Smart
Batt
é un proxecto financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e
co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (PO
FEDER
Galicia 2014-2020), a través do Programa Fábrica do Futuro.