O clásico Puzzle Bobble chega a Xbox One e Nintendo Switch

xoves, 20 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A Xbox One e a Nintendo Switch recibiron hoxe unha grata sorpresa en cadansúa tenda dixital: o xogo Puzzle Bobble. Trátase dun novo integrante da serie ACA NEOGEO, que desta volta colle o xogo de acción de quebracabezas de Taito que dende 1994 causa sensación, e que amosaba a un par de dragóns (Bub e Bob) lanzando burbullas de cores que elimínanse cando se combinan con 3 ou máis da mesma cor.
ACA NEOGEO Puzzle Bobble está dispoñible por 6,99 euros para Xbox One e para Nintendo Switch (descoñecéndose polo momento cando chegará a PlayStation 4 e PC), sendo unha reprodución fiel do xogo de máquinas recreativas (como a que podiamos ver no Bar Suízo da serie de televisión Pratos Combinados), permitindo gozar tamén dos seus modos competitivos para enfrontarnos a outros xogadores.

ACA NEOGEO Puzzle Bobble non esquece os modos competitivos

PUBLICIDADE