O bloqueo británico á compra de Activision Blizzard entrará na fase de apelación a semana que vén
venres, 26 de maio do 2023
A compra de
Activision Blizzard por parte de Microsoft deberÃa ter sido unha operación sen
grandes atrancos, na que os reguladores de distintos paÃses establecesen
algunhas condicións para que se puidese levar a bo termo, para asà protexer aos
consumidores e ao mercado, pero a
Autoridade dos Mercados e a Competencia (CMA) de Reino Unido sorprendeu opoñéndose
por considerar que Microsoft mellorar demasiado a súa posición de cara ao xogo
na nube.
O argumento empregado era especialmente feble, xa que actualmente o xogo na
nube é un mercado moi cativo, e un dos motivos polos que Microsoft ten unha
posición dominante consecuencia do recente cesamento de actividade de Google
Stadia, aÃnda que confiándose que os usuarios da plataforma de xogo na nube de
Google rematen empregando outras plataformas como Amazon Luna.
Tamén resultaban moi rechamantes as cifras que sostiña a CMA con respecto ao
número de usuarios de xogos na nube de Microsoft, que era elevadÃsima e non se axustaban
en absoluto coa realidade, xa que contabilizaban a todos os subscritores de
Game Pass como usuarios do xogo na nube simplemente porque era unha opción
dispoñible na súa subscrición (cando a grande maiorÃa dos subscritores sempre xoga
a tÃtulos instalados na súa consola ou ordenador, e o uso do xogo en streaming
é totalmente residual). Estamos ante un erro que serÃa semellante a contar a
todos os subscritores de Amazon Prime como usuarios de Amazon Luna, o que farÃa
que Amazon liderase de súpeto este mercado, cando está moi lonxe de facer tal.
A situación tornouse aÃnda máis surrealista cando a Comisión Europea, con criterios
moito máis duros que Reino Unido, autorizou
a operación de compra, o que facÃa dubidar moito do que estaba a acontecer
coa CMA, e que poderÃa ser moito máis escuro do que se pensaba inicialmente,
pois estase a desvelar que, aparte da grande ignorancia e incompetencia que ten
amosado no tempo a CMA á hora de tratar asuntos que teñan que ver coa
tecnoloxÃa, o
director da CMA que estarÃa a xogar un papel clave na oposición á compra terÃa
traballado con anterioridade para a firma de avogados que representa a Sony
neste tipo de asuntos, polo que terÃa un clarÃsimo conflito de intereses.
O
procedemento de apelación da decisión da CMA botará a andar o vindeiro martes,
e non parece que vaia ser un camiño de rosas para o organismo británico, tanto
pola sombra da dúbida que se está a proxectar sobre a entidade polo que semella
un caso de corrupción, como polo feito de que estean a bloquear unha fusión
entre dúas compañÃas estranxeiras que polo momento xa conseguiu a autorización
de 38 paÃses. Parece máis que probable que o Tribunal de Apelacións da
Competencia (CAT) decida que a oposición da CMA á compra de Activision Blizzard
sexa desproporcionada, especialmente tras ter ofrecido Microsoft unha serie de
concesións que incluso a Comisión Europea consideran xenerosas dabondo como
para non engadir ningunha máis como condición para a adquisición.