O ano que vén poranse á venda equipos con SteamOS

mércores, 25 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Valve iniciou a semana anunciando que están a traballar nunha distribución de Linux optimizada para empregar a súa plataforma de xogos para PC no salón, pero este SteamOS non vai chegar só, senón que finalmente confirman que imos ter a opción de acompañalo con hardware, as chamadas Steam Machines, equipos que sairá á venda en 2014 e que están a iniciar unha fase de probas.
Pretenden que estas solucións de hardware se adapten a distintas necesidades, polo que queren ofrecen diversas máquinas con SteamOS que están a desenvolverse traballando con distintos fabricantes, e das que repartirán 300 prototipos entre usuarios de Steam de xeito gratuíto, para que poidan probar o que pretende ser unha solución ideal para gozar de xogos de ordenador no salón.
As persoal que queiran poder optar a esta beta será preciso unirse á comunidade Steam Universe, aceptar os termos e condicións da beta, ter un mínimo de 10 amigos en Steam, ter un perfil público na Comunidade Steam e xogar a algún título empregando gamepad no modo Big Picture, todo antes do 25 de outubro, data na que elaborarase a listaxe de candidatos que poderán probar antes de rematar o ano unha das máquinas con SteamOS que sairá á venda a primeiros de 2014.
Nas vindeiras semanas irán publicando máis detalles sobre estes equipos que para moitos poden ser unha magnífica alternativa ás consolas de videoxogos de nova xeración por mor da maior liberdade que achega o PC como plataforma para xogar.

PUBLICIDADE