O Zeemote JS1 quere mellorar o control dos xogos para móbiles
xoves, 31 de xullo do 2008
Os xogos para
móbiles normalmente están limitados pola reducida pantalla dos terminais e pola
incomodidade do teclado para o seu control, pero este último detalle poderá
solucionarse grazas a un periférico coñecido coma Zeemote JS1, que se adapta perfectamente
á man e que funciona sen fÃos, de xeito que converte o xogo no móbil nun
proceso máis natural, equivalente ao que o rato é para o ordenador.
O Zeemote comunÃcase mediante Bluetooth, é compatible cunha chea de terminais
de Motorola, Nokia, Samsung, Sony Ericsson e LG, e finalmente parece que
poderÃa converterse nunha opción altamente viable xa que desenvolvedores
coma Gameloft, Eidos, SEGA Mobile, Electronic Arts ou Fishlabs van a dar
soporte para este trebello.
O lanzamento comercial do Zeemote JS1 terá lugar en Europa durante este ano
(pasando a Norteamérica e Asia en 2009) e ao contar co apoio da industria de
creación de videoxogos pode ser un accesorio moi interesante para os que gusten
de utilizar o móbil coma pasatempo.
Para entender mellor as posibilidades para este accesorio podemos ver o
seguinte vÃdeo: