O ZTE V81 podería proporse como alternativa económica ao iPad mini

martes, 29 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Adiantándose presumiblemente á súa estrea durante o Mobile World Congress, xorde na web un novo tablet chinés, o ZTE V81, que parece querer entrar nun mercado moi competitivo sen destacar en prestacións, pois estamos ante un dispositivo con Android 4.1 e pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles (4:3) que funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, banda larga móbil (2G/3G), GPS, Wi-Fi N, cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles, USB, Bluetooth 2.1, saída HDMI, batería de 3.700 mAh e un grosor de 11,07 milímetros, que parece querer competir co iPad mini, posiblemente cun prezo moito máis agresivo e incluso coa posibilidade de que apareza nalgúns mercados con marcas distintas a ZTE (posiblemente a do operador de telecomunicacións que o distribúa).

PUBLICIDADE