O Xperia XA2 Plus é o novo móbil de Sony para a gama media
mércores, 11 de xullo do 2018
Sony presentou hoxe o seu novo Xperia
XA2 Plus, un smartphone con pantalla Full HD+ de 6 polgadas e acabado
metálico que busca atraer ao público co seu deseño sobrio e unha orientación ao
lecer, sendo o primeiro teléfono de gama media da compañÃa en integrar audio de
alta resolución (incorporando tamén DSEE HX para mellorar o son comprimido para
unha reprodución de maior calidade).
AÃnda que o Xperia XA2 Plus si adopten unha pantalla 18:9, prescinde de cámara
traseira dual, aÃnda que a súa cámara traseira Exmor RS de 23 MpÃxeles é máis
que dabondo para a meirande parte dos usuarios (sendo capaz de gravar sen
problema vÃdeo en 4K, asà como cámara lenta a 120 imaxes por segundo) e a súa
cámara frontal de 8 MpÃxeles presume dun angular de 120 graos e efecto de desenfoque
de fondo.
Este novo teléfono chegará ao mercado a finais de agosto cun procesador
Qualcomm Snapdragon 630, 4/6 GB de RAM, 32/6 GB de almacenamento interno, Android
8.0, baterÃa de 3.580 mAh con carga rápida (Quick Charge 3.0) e carcasa en
catro colores distintas (prata, ouro, verde e negro).
AÃnda non adiantaron o prezo, pero parece que Sony busca ofrecer uns bos
dispositivos de gama media ante as dificultades para facerse un oco no mercado
da alta gama, no que xa non só Apple e Samsung teñen unha mellor posición, senón
que incluso están a gañar importancia fabricantes como Huawei.
- O novo smartphone chegará en agosto en 4 cores distintas
VÃdeo promocional do Xperia XA2 Plus