O Xperia Play chegará o 1 de abril a España

luns, 14 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro 1 de abril Vodafone traerá a España o teléfono Xperia Play, coñecido popularmente coma o teléfono PlayStation, do que terá unha exclusiva de 15 días (só para o seu modelo de cor branca, pois o negro sairá tanto libre como a través de distintos operadores na mesma data). Este móbil de Sony Ericsson terá un prezo libre de 649 euros, incluíndo 6 xogos precargados e cun catálogo de títulos descargables de máis de 50 xogos adaptados ao sistema de control deste móbil con Android optimizado para xogar.
O móbil Xperia Play será compatible con PlayStation Suite, plataforma que achegará multitude de xogos da PlayStation orixinal ao móbil, sen prescindir coas múltiples posibilidades que abre o Android Market. Conta cun procesador Snapdragon a 1 GHz, procesador gráfico Adreno 205 (optimizado para xogos), pantalla táctil de 4 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, inclúe unha tarxeta microSD de 8 Gb (aceptando tarxetas deste tipo de ata 32 Gb), mide 11,9 x 6,2 x 1,6 centímetros e pesa 175 gramos.

PUBLICIDADE