O Word de Microsoft estrea ditado en portugués e español
mércores, 2 de xuño do 2021
Dende hai tempo Microsoft integra no seu paquete ofimático a
opción de ditado, que comezou polo inglés e que agora soporta tamén coreano,
tailandés, polaco, hindi, ruso, italiano, francés, chinés, alemán e, no
caso do portugués recoñece as variantes de Portugal e do Brasil e do español as
de España e México.
A funcionalidade do ditado non só funciona nas aplicacións de escritorio de
Office, senón tamén
na versión web e en aplicacións móbiles, de xeito que podemos ditar documentos
de Word en case calquera lugar no que poidamos acceder á Internet, facilitando
asà a captación rápida de ideas, a creación de borradores ou tomar notas directamente coa voz.
Cómpre advertir de que o
ditado é de balde na web e no móbil, pero dende as aplicacións de
escritorio é preciso contar cunha subscrición a Microsoft 365.
VÃdeo promocional da incorporación de novas linguas ao ditado de Office