O Videoclub de Vodafone incorporará a primeira tempada de varias series de HBO

martes, 30 de outubro do 2018 Marcus Fernández

A canle de contidos baixo demanda HBO chegou a España da man de Vodafone, e agora o operador británico reforza a súa colaboración con HBO España anunciando que a partires do 1 de novembro os clientes de contrato do operador poderán acceder sen custo adicional até 2020 dunha selección de series dentro do Videoclub do servizo de televisión.
Deste xeito non será preciso acceder á aplicación de HBO España para poder reproducir unhas poucas series, que estarán dispoñibles tanto dende o descodificador de Vodafone como a través da aplicación Vodafone TV Online. A selección de HBO combinará 5 series fixas (Juego de Tronos, Westworld, Los Soprano, The Wire, Sexo en Nueva York e True Blood) con 5 series que irán rotando mensualmente (entre as que estarán Room 104, Girls, True Detective, Crashing, Veep, A dos metros bajo tierra, The Newsroom, Ballers, In Treatment, Rome, Insecure, Crashing, Barry, Strike Back, Entourage, Silicon Valley e The Leftovers).
Cómpre salientar que nesta oferta audiovisual figuran as primeiras tempadas das diferentes series, polo que podemos velas como un reclamo para a contratación de HBO.

PUBLICIDADE