O THL W11 chega ao mercado chinés con cámara frontal de 13 Mpíxeles

luns, 8 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos meses non son poucos os smartphones que están a optar por incrementar a resolución da súa cámara frontal para facilitar a realización de auto-fotos, pero o fabricante chinés THL vén de levar esta tendencia ao extremo co lanzamento do seu novo terminal con Android 4.2.2, o W11, tamén chamado como Monkey King (en referencia ao Rei Mono que inspirara a creación do célebre Son Goku de As Bolas Máxicas), que conta con sensores de 13 Mpíxeles nas súas dúas cámaras.
O THL W11 funciona cun procesador MT6589 de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, pantalla IPS de 5 polgadas con resolución Full HD e batería de 2.100 mAh, que o situarían como un dos móbiles máis potentes do mercado, que como non podería ser doutro xeito, destaca polo seu prezo axustadísimo: 1.699 iuans (276,78 euros).

PUBLICIDADE