O StreamHD VE facilita conectar sen fíos o ordenador a un televisor HD

venres, 28 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Para facilitar unha cómoda reprodución de contidos audiovisuais dende o ordenador no televisor de alta definición sen uso de cables chega o StreamHD Value Edition, que por 129,99 dólares (91,77 euros) permite enviar un sinal de audio e vídeo en Full HD dende un emisor USB a un receptor que podemos conectar ao televisor por HDMI, o que pode resultar moi práctico para amosar imaxes do portátil no televisor ou incluso para salas de reunións para a realizacións de presentacións, resultando especialmente cómodo por comunicarse sen fíos (a unha distancia de ata 10 metros) e conectarse ao televisor por un único cable.
O StreamHD VE opera como un monitor secundario, de xeito que podemos empregalo tanto clonando a pantalla do ordenador como estendendo o escritorio. Soporta vídeo ata a 1.920 x 1.080 píxeles a 32 bits de cor, audio en estéreo a 16 bits e 48 kHz e é compatible con equipos con Windows XP/Vista/7.

JPEG - 100.2 KB
Esta solución facilita empregar o televisor de alta definición como un monitor secundario sen fíos

PUBLICIDADE