O Sony Xperia sola estrea a tecnoloxÃa floating touch
martes, 13 de marzo do 2012
Sony
Mobile Communications anunciou hoxe a nova
incorporación ao seu catálogo de móbiles Android, o Xperia sola (do que tivemos
informacións nos últimos dÃas baixo o nome de MT27i), que destaca
especialmente por estrear a tecnoloxÃa floating
touch, que permite navegar pola web con só achegar o dedo á súa pantalla (de xeito que un toque na pantalla farÃa clic nunha ligazón),
funcionalidade que esperan potenciar para outros usos no futuro. O novo móbil
tamén conta coa tecnoloxÃa NFC, que en combinación con SmartTags (incluirá 2) permite
facilitar a configuración de distintos perfÃs de uso segundo onde teñamos o
terminal.
O Sony Xperia sola funciona cun procesador de dobre núcleo a 1 GHz, pantalla de
3,7 polgadas cunha resolución de 854 x 480 pÃxeles e resistente a rabuñaduras,
8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32
Gb, cámara de 5 MpÃxeles con gravación de vÃdeo a 720p, baterÃa de 1.320 mAh, sistema
operativo Android 2.3 actualizable a Android 4.0 durante o vindeiro verán, mide
116 x 59 x 9,9 milÃmetros, pesa 107 gramos e venderase en 3 cores distintas
(negro, branco e vermello). Chegará ao mercado durante o segundo trimestre do
ano.
VÃdeo no que amosan o Xperia sola e a súa tecnoloxÃa floating touch
- O Sony Xperia sola venderase en negro, branco e vermello.