O Sony Dash faise internacional

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Na liña do Chumby, Sony desenvolveu un visor persoal da Internet coñecido coma Sony Dash e que leva uns meses á venda nos EE.UU. por 199,99 dólares, e que agora adiante a compañía que vai eliminar as restricións que impedían que o trebello funcione fóra dos EE.UU., de xeito que ábrese ao mundo.
O Sony Dash conta cunha pantalla táctil capacitiva de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, sensor de luminosidade, Wi-Fi, altofalantes estéreo, porto USB 2.0, conector para auriculares estándar, capacidade de reprodución multimedia e a posibilidade de utilizar máis de 1.000 aplicacións entre as que están Facebook, YouTube, Twitter ou GMail, polo que este dispositivo que parece orientado a converterse nun espertador 2.0 dá moito de si, de xeito que pode amosar contidos achegados da Rede, coma fluxos RSS, información meteorolóxica, galerías de imaxes…

PUBLICIDADE