O Solitario de Windows celebra o seu 30º aniversario

venres, 22 de maio do 2020 Marcus Fernández

O xogo do Solitario de Windows veu a luz en Windows 3.0 en 1990, ou sexa, que está a celebrar o seu 30º aniversario, e para facer este momento máis especial convocaron un evento especial ao redor da versión actual do xogo, a Microsoft Solitaire Collection, que xunta todos os meses a máis de 35 millóns de xogadores e tras 30 anos segue a ser un dos xogos de máis éxito do mundo con máis de 100 millóns de mans xogadas a diario.
O xogo, que o ano pasado entrou no Salón da Fama dos Videoxogos, que pode xogarse de balde en Windows, iOS, Android e incluso na súa versión web, quixo celebrar as súas tres décadas cun evento no que animaban aos incondicionais do Solitario convidar a amigos e familiares a botar unha partida a este clásico xogo de naipes para conseguir superar o record de partidas xogadas nun día e incluso puxeron á venda nos EE.UU. produtos de mercadotecnia conmemorando o 30º aniversario do xogo, deixando claro que estamos ante un xogo que conseguiu converterse nun fenómeno global.

PUBLICIDADE