O Seagate Backup Plus Fast consegue transferencias de ata 220 Mbytes/seg.

luns, 27 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Este mes Seagate está a estrear un interesante disco duro externo que pola súa velocidade e capacidade resulta moi atractivo de cara á realización de copias de seguridade, o Seagate Backup Plus Fast, que espérase que en breve estea dispoñible en España e que xa pode mercarse nos EE.UU. a un prezo de 269,99 dólares (197 euros).
Este disco duro de 4 Tb de capacidade e conectividade USB 3.0 promete ser o primeiro do mundo en conseguir tal rendemento con esa capacidade de almacenamento, xa que esta unidade que non precisa dun transformador de corrente para funcionar é capaz de transferir datos ata a 220 Mbytes por segundo.
O disco duro distribúese cunha aplicación para a realización de copias de seguridade, que poden programarse para a súa realización de xeito automático, podendo incluso combinarse cunha aplicación móbil para iOS ou Android para conservar seguras as imaxes e vídeos que capturemos co noso dispositivo móbil.
O Seagate Blackup Plus Fast mide 116,90 x 82,50 x 22,35 milímetros e pesa 307 gramos, vén formato en NFS e inclúe controlador para facilitar o acceso dende OS X a tal sistema de ficheiros.

PUBLICIDADE