O SdeA da Deputación de Lugo e o Interlucus reafÃrmanse como factorÃas de talentos
venres, 17 de xaneiro do 2020
O
Servizo de
Audiovisuais da Deputación (a antiga Fundación TIC) emitiu en
directo a través da rede social Youtube o concurso Lucus
Intercentros celebrado este venres no IES Muralla Romana. Na
experiencia oficiaron de creadoras/es de contidos unha ducia de
alumnas e alumnos do Centro de Formación do SdeA, pertencente á
Deputación de Lugo, que contaron coa supervisión de docentes e
técnicos do SdeA. O alumnado encargouse de realizar o streaming
do evento, no que competiron estudantes de primeiro de Bacharelato
dos sete institutos da capital lucense.
Na
cita (a novena edición do dito certame) participou tamén o deputado
de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera. O concurso saldouse
co equipo do IES Sanxillao proclamándose gañador. O segundo posto
foi para o IES Leiras Pulpeiro tras unha disputada final. En
terceiro lugar quedou o IES Lucus Augusti e o IES Xoán Montes foi
cuarto. RepartÃronse tabletas, pulseiras de actividade e
altofalantes bluetooth.
Prácticas
en escenarios reais
Na
realización do streaming os alumnos e alumnas do SdeA
empregaron catro cámaras e todo o material preciso para a
transmisión do evento a través de Internet. Segundo informaron
fontes da Deputación e do Servizo de Audiovisuais, os estudantes
rotaron polos distintos postos, desde realizador e mesturador de
vÃdeo e son, ata operador de cámara, co obxectivo de aproveitar ao
máximo esta práctica formativa.
A
entidade provincial tamén destacou a vertente de formación avanzada
e aplicada que puxo en xogo a experiencia, xa que serviu de
actividade profesional práctica para os estudantes de Administración
e Xestión do Muralla Romana. O concurso consiste nunha rolda de
preguntas e respostas sobre contidos propios de 1º de BAC, no que
compiten equipos formados por tres alumnos (hai dez bloques sobre
distintas materias, que van desde a actualidade económica, polÃtica
e social, ata a arte o deporte ou a xeografÃa). Ademais do SdeA
tamén colaboraron o CIFP Politécnico e a Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón.