O Samsung Omnia W estreará Windows Phone 7.5

luns, 26 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Nos vindeiros días chegará oficialmente ao mercado o sistema operativo Windows Phone 7.5, tamén coñecido como Mango, e un dos primeiros terminais en incorporalo de serie será o Samsung Omnia W, que destaca por contar cunha pantalla Super AMOLED de 3,7 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles (xunto cunha cámara VGA para videoconferencia), procesador a 1,4 GHz, 512 Mbytes de RAM, 8 Gb de memoria interna, conectividade HSPA de ata 14,4 Mbps, A-GPS, Bluetooth 2.1, USB 2.0, Wi-Fi N, radio FM, batería de 1.500 mAh, unhas medidas de 115,97 x 68,8 x 10,9 milímetros e un peso de 115,3 gramos.
Aparte dun excelente hardware, o terminal destaca por funcionar con Mango, plataforma que busca centrar a súa experiencia de uso na persoa e non nas aplicacións, contando cunha grande integración social (integra Windows Live, Facebook, Twitter e LinkedIn), grandes posibilidades multimedia e de xogo e a posibilidade de gozar de 25 Gb de almacenamento para documentos a través de Windows Live Sky Drive.
O lanzamento internacional deste terminal comezará a finais de outubro en Italia, para chegar paulatinamente ao resto de países.

PUBLICIDADE