O Samsung NC310 contará cunha autonomía de ata 11 horas

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O Samsung NC10 é un dos ultraportátiles de baixo custo que labrou unha boa sona grazas á súa elevada autonomía, e agora Samsung presenta o NC310 coma un produto máis maduro, cunha pantalla de 10,1 polgadas, 1 Gb de RAM, disco duro de 160 Gb, webcam de 1,3 Mpíxeles, lector de tarxetas de memoria, 3 portos USB, Bluetooth, Wi-Fi, HSDPA e WiBRO (o WiMAX móbil dispoñible en Corea do Sur), que só pesa 1,23 quilogramas e vén de serie cunha batería de 5 horas de duración coa opción de adquirir unha batería avanzada que incrementaría a súa autonomía ata 11 horas.
Durante a presentación pública deste equipo non se detallou o prezo de venda, aínda que está confirmada a súa comercialización a case todo o mundo (aínda que entendemos que a conectividade WiBRO non estará dispoñible nos modelos europeos).

PUBLICIDADE