O Samsung Galaxy Tab S preséntase como o novo tablet ao que aspirar

venres, 13 de xuño do 2014 Marcus Fernández

JPEG - 59.5 KB
O Samsung Galaxy Tab S de 8,4 polgadas pode presumir dunha pantalla con 2.560 x 1.600 píxeles

A pasada noite Samsung quixo demostrar que saben facer mellor as cousas que os seus competidores, e veñen de situarse á cabeza do mercado dos tablets no que a hardware se refire cos novos Galaxy Tab S, que chegan con pantalla de 8,4 e 10,5 polgadas presumindo dunha elevada resolución (2.560 x 1.600 píxeles en ambos modelos), unha magnífica representación das cores e incluso un grosor inferior ao do iPad Air (6,6 milímetros) e incluso un menor peso (294/298 gramos).

JPEG - 51.6 KB
A parte traseira dos novos Galaxy Tab S pode lembrar ao Samsung Galaxy 5

Estamos ante uns potentes dispositivos alimentados por un potente procesador (un Exynos 5 Octa ou un Snapdragon 800, segundo o mercado), 3 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb), cámaras de 8 e 2,1 Mpíxeles, lector de pegadas dixitais e Android 4.4 personalizado con numerosas aplicacións de Samsung. Os modelos de 8,4 e 10,5 polgadas chegarán con baterías de 4.900 mAh e 7.900 mAh (co que deberían ser capaces de reproducir vídeo Full HD até 11 horas seguidas) respectivamente a prezos que parten dos 399 e 499 euros cando chegue ao mercado o mes que vén.
Estes tablets con pantalla Super AMOLED teñen o seu grande punto forte na súa calidade de imaxe, que agradecerán os usuarios máis esixentes, aínda que tamén conta con funcionalidades destacables como o feito de que, aínda que existirán modelos con conectividade 4G, tamén será posible comunicar o tablet cun smartphone de Samsung para poder realizar chamadas e enviar mensaxes de texto directamente dende o tablet.

JPEG - 59.6 KB
O modelo de 10,5 polgadas destaca por ser o tablet máis potente, delgado e lixeiro da súa categoría


O Samsung Galaxy Tab S visto en vídeo


Vídeo coa presentación íntegra dos novos Galaxy Tab S

PUBLICIDADE