O Samsung Galaxy S5 estrea a súa versión Active
venres, 30 de maio do 2014
Samsung continúa na súa liña de acompañar os seus móbiles
insignia con revisións que potencian distintas funcionalidades para adaptarse
ás demandas de diferentes perfÃs de usuario, e pensando nos consumidores que
gusten da práctica deportiva ou de actividades en exteriores estrean agora nos
EE.UU. a través de AT&T o Samsung
Galaxy S5 Active cun prezo libre de 714,99 dólares (672,69 euros) ou 199,99
dólares con contrato.
O novo terminal resistente de Samsung ten unha pantalla Super AMOLED Full Hd de
5,1 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz, 2
Gb de RAM, ata 128 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD de ata 128 Gb), cámara de 16 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi AC, LTE (4G),
baterÃa de 2.800 mAh e sistema operativo 4.4, o que serÃan unha funcionalidades
bastante estándar para terminais actuais de alta gama, sobre os que destaca
este dispositivo por contar con protección contra golpes, auga e po baixo o estándar
IP67 e a especificación MIL-spec810G. Na liña do Galaxy S5 tamén conta con pulsÃmetro
e software (Activity Zone) para complementar as actividades ao aire libre.