O Samsung Galaxy Note7 sairá á venda o 9 de setembro
mércores, 24 de agosto do 2016
O vindeiro dÃa 9 de setembro vai saÃr á venda en España o
agardado smartphone Samsung
Galaxy Note7, considerado como o teléfono máis avanzado do mercado até o
momento, e que para dar conta das súas posibilidades presentouse hoxe na cidade
da Coruña, onde realizáronse demostracións aos medios de comunicación para que
se soubesen mellor os detalles que fan deste produto un teléfono extraordinario
que até o vindeiro dÃa 30 poderá reservarse vÃa web ou a través de numerosas
cadeas comerciais beneficiándose asà o comprador un adaptador Gear VR sen custo
adicional, que permite converter o smartphone nun sistema de realidade virtual
bastante cómodo e solvente.
O novo smartphone vai poder adquirirse en cor negra ou azul en numerosos
establecementos, mentres que o modelo en cor prata será exclusivo da propia
Samsung e do operador Vodafone, sendo o prezo de venda recomendado do
dispositivo de 859 euros.
Estamos ante un terminal que case poderÃa considerarse como un Samsung Galaxy
S7 edge ao que se lle engadiu un lapis dixitalizado (o S Pen) e tecnoloxÃa de
detección de iris (que complementa á xa popular identificación de pegadas
dixitais), de xeito que estariamos ante un dispositivo da familia Note moi
superior ao que estamos afeitos, pois serÃa a primeira vez que incorpora
pantalla curva, resistencia á auga e incluso un conector de carga USB-C,
chamado a converterse no conector do futuro, e que destaca principalmente por
ser reversible (aÃnda que Samsung tivo a delicadeza de incluÃr na caixa do
teléfono un adaptador para poder empregar os accesorios e cables que funcionan
cun vello conector micro-USB co novo terminal.
AÃnda que a estética coidada do Note7 é unha das súas caracterÃsticas máis
salientables, estamos realmente ante un smartphone moi potente, cunha grande
autonomÃa (a súa baterÃa é de 3.500 mAh), cunha xenerosa capacidade interna (de
64 GB que pode ampliarse mediante tarxetas microSD de até 256 GB), con medidas
de seguridade que o converten nun dispositivo ideal para a empresa e con
resistencia á auga IP68, que sorprende por aplicarse tamén ao S Pen, ou sexa,
que non só a rañura para gardar o lapis é resistente á auga, senón que o propio
lapis dixitalizador pode empregarse co smartphone tanto mollado como somerxido,
como puido verse en vivo na Coruña, sendo posiblemente a prestación que máis
captou a atención dos presentes.
A pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas é tamén un dos puntos fortes do
dispositivo, por ofrecer unha imaxe nÃtida que incluso é visible en exteriores,
e por integrar incluso tecnoloxÃa HDR que facilita a reprodución de vÃdeos con
cores máis vivas e negros máis profundos, o que estamos comezando a ver nos
últimos televisores UHD e que Samsung quixo achegar tamén aos seus teléfonos,
distanciándose asà dos seus competidores con innovacións como esta. A
tecnoloxÃa de pantalla tamén permite detalles tan prácticos como o Always On
Display, que permite amosar información en pantalla como a hora ou as
notificacións sen ter que espertar o
teléfono e, aproveitando que estamos ante un smartphone con lapis, tamén
facilita que poidamos realizar anotacións importantes que poderemos ver de
inmediato ao agarrar ao móbil, evitando asà que se nos esqueza unha tarefa
importante.
O móbil non esquece a carga sen fÃos, a tecnoloxÃa de pagamentos Samsung Pay, a
seguridade de Samsung Knox, e numerosas ferramentas de sistema para tirar
proveito do S Pen e da curvatura dos laterais da pantalla, pero esta cantidade
de detalles non fai que coide menos un dos elementos máis valorados actualmente
polos usuarios: a cámara. O Note7 está á altura do Galaxy S7, e conta con
cámaras de 13 e 5 MpÃxeles cunha apertura F/1.7, o que supón unha luminosidade
moi boa, coa que non pode competir practicamente ningún móbil doutras
compañÃas, e que incluso poden dar máis de si grazas a unha das fundas
dispoñibles para o Note7, a Lens Cover, que facilita a colocación dun
teleobxectivo ou dun grande angular fronte a cámara traseira do teléfono,
permitindo asà posibilidades habitualmente afastadas dun smartphone.
En calquera caso o usuario medio estará máis interesado noutros tipos de fundas
para o Note7, como a Backpack (que integra unha baterÃa externa de 3.100 mAh e
que incluso é resistente á auga), a Keyboard Cover (que permite engadir un
teclado QWERTY fÃsico ao teléfono, a Clear View Cover (funda semitransparente
dispoñible en varias cores), a LED View Cover (que presenta iconas LED para
personalizar as notificacións do teléfono) ou incluso a S View Standing Cover
(funda protectora que tamén serve como soporte do teléfono, o que agradécese á
hora de consumir contidos audiovisuais sen ter que ocupar as mans).
En definitiva, que o Galaxy Note7 consegue deixar unha boa impresión en quen o
proba, converténdose probablemente no principal competidor do Galaxy S7 edge,
quedando Samsung como a marca tras a que estarÃa a parella de smartphones máis
completos e potentes até o momento.
- Poder empregar o S Pen debaixo da auga é toda unha sorpresa
- Para captar imaxes a certa distancia tamén é posible acoplar un teleobxectivo ao Note7
- Quen reserve o Note7 con antelación recibirá sen custo adicional as novas Gear VR para asà poder gozar da experiencia de realidade virtual máis avanzada en dispositivos móbiles
- Tanto o Note7 como o S Pen contan con resistencia á auga
ACTUALIZACIÓN (25-8-2016): Inicialmente publicamos que o terminal porÃase á venda o 2 de setembro, pero finalmente esa data só será para algúns paÃses europeos, e no caso español haberá que agardar unha semana máis na meirande parte dos puntos de venda.