O Samsung Galaxy Note10 poderÃa presentarse o 7 de agosto
mércores, 19 de xuño do 2019
Tras
darse por feito que os
smartphones encartables non chegarán ao mercado até, como moi cedo, o mes de setembro
(mes non que tamén sairán os novos iPhone) as miradas dirÃxense cara a Samsung,
xa que o Galaxy Note10 serÃa o vindeiro móbil insignia en chegar ao mercado e,
segundo informacións de fontes próximas ao fabricante coreano, a
presentación deste esperado dispositivo terÃa lugar o vindeiro 7 de agosto no Barclays
Center en Brooklyn.
A expectación por este novo smartphone é bastante grande, xa que suporÃa
cambios de deseño no dispositivo, na liña do Galaxy S10, asà como unha novidade
na familia Note: rumoréase que o
novo modelo chegará en dous tamaños diferentes.
O Samsung Galaxy Note10 terÃa unha pantalla de 6,3 polgadas e cámara traseira
tripla, mentres que o Samsung Galaxy Note10 Pro montarÃa unha pantalla de 6,75
polgadas e a súa cámara traseira estarÃa acompañada tamén por un sensor de
profundidade.
Outros detalles importantes deste smartphone con S Pen é que a súa pantalla
reducirÃa moitos os seus marcos superior e inferior grazas á aposta por unha
cámara frontal perforada (curiosamente no centro superior da pantalla en vez de
no lateral superior dereito) e, aparte de completas configuracións de procesador,
memoria RAM e almacenamento, tamén sorprenderÃa cunha baterÃa de 4.500 mAh con
carga rápida de 45 watts, de xeito que a súa autonomÃa poderÃa ser incluso
mellor que a do Galaxy S10+ (que é das mellores conseguidas por un smartphone
de alta gama de Samsung).
Un detalle que posiblemente non gustará tanto aos usuarios é que o Note10 serÃa
o smartphone de Samsung que finalmente dirÃa adeus ao porto de auriculares de
3,5 milÃmetros.